Muxicas

VISITAS

Espazo para as vosas opinións sobre Muxicas e a súa web

13 Comments

  1. Non deixedes de comentar. Grazas

  2. Moitas grazas Muxicas por ofrecernos toda esta información tan valiosa.
    Para a xente que sempre vos admiramos e disfrutamos coa vosa música había un incomprensible baleiro informativo que queda amplamente cuberto con esta web. Valoro especialmente as partituras que estades publicando, polas garantías de ser fieis ao que está gravado e ao que vos oiamos tocar nos vosos concertos tantas veces.
    Grazas e seguide a encher esto de contidos, a Enciclopedia Muxicas
    E todo de balde… Incrible

  3. Parabéns !!!
    Isto si que difundir a cultura de pais,e doala de balde a nosa sociedade….
    Moitas Grazas !!
    Quedou enlazade en: http://musicaengalego.blogspot.com.es/2011/07/orixes.html

  4. Moitas grazas por compartir todo o voso traballo.
    Cando tocaba a gaita de pequeno sempre quixen tocar os temas de Muxícas e agora, con este traballazo que nos regalades, vou a disfrutar coma se fora un neno. Que ledicia!
    Muxicas, para mín, é o mellor grupo de intrumentos galegos. Afinación, percusión, selección e composición de temas…, todo impecable. E o máis importante: todo sona galego.
    Moitas grazas María Xosé, Alfonso e Xosé Manuel, o traballo que estades facendo para o nosa cultura gelega non ten prezo.

  5. Eduardo Rogero Magide 13 enero, 2018 at 8:41 pm

    Vista a paxina web, soio podo dicir que moi ben, no que leva feito, historia, discografía, partituras tal cual como se gravaron na sua epoca, das que soio atopéi Michuca e Polca dos Campaneiros, que xa a tiña. En fín… espero moito desta paxina, xa que son fiel devoto de Muxicas e dos seos compositores Nazario González Moxenas e Xosé Manuel Fernández, co que teño parrafeado algunha cousa. Parabens e ánimo para turrar padiante nesa dificil tarefa de facer un traballo de balde que, sempre será sementeira. Os que vivimos na Galicia de fora, eo concretamente en Tenerife, sempre estaremos agradecidos. Estou esperando impaciente A Barroca. Moitas grazas e unha aperta grande.

    • Grazas Eduardo polo teu comentario.
      A Barroca, como todo o resto das pezas do Dobre album (e xa con anterioridade o Parolada) están ao dispor na páxina web dende o día 1 de xaneiro pasado.
      Só tes que entrar na sección “DISCOS”, pinchar na portada do disco, ir ao apartado “INFORAMCIÓN E PARTITURAS”, pinchar na peza, e no desplegable que se abre, ao final do texto, en “PARTITURA PARA LECTURA EN:” pinchar na que che interese (TON REAL – DO – RE), enlace que abre a partitura en PDF.
      Saúdos.

  6. Roberto Otero Ledo(O solitario da Etea) 11 abril, 2018 at 2:45 pm

    Moitas grazas por partillar connosco toda a vosa excepcional obra. Prestoume moito que partilledes vídeos daquela época, xa que, non tiven a sorte de podervos ver en directo. Anímovos a que sigades adiante con este proxecto para darlle visibilidade a un grupo excepcional e “ÚNICO” cuxa obra e feitos non deben caer no esquecemento. Os meus parabéns a tod@s e, sobor de todo a ese talento da nosa música, un músico excepcional e un creador de obras mestras musicais: o xenial Xosé Manuel Fernández.
    Parabéns¡

  7. Muitas graças por ceder-nos o vosso excepcional trabalho. Para mim sodes todo um referente a seguir e os vossos discos sem dúbida influenciaram-nos a muitos de nós. Tendes que voltar a fazer algo!

  8. Por diante as gracias por mostrar de esta maneira o voso traballo.
    Precisaba un kilo e medio de Valse do Correa, que estou con fame e xa me tarda incarlle o dente. Obrigado

    • Moitas grazas polo comentario!!! un luxo tendo en conta que hai unha parte do teu bo facer nalgún dos nosos discos. – proba a superar pra quen non o saiba –
      En breve terás quilo e medio ben pesado de Correa, a bola está no forno 😉

  9. Esta páxina é todo un agasallo. Para min Muxicas foi a quintaesencia da nosa música tradicional.

  10. Carlos Martín Pazos 27 noviembre, 2018 at 8:47 pm

    ‘No curuto do palleiro
    hai un boneco de palla,
    posto polos malladores
    cando fixeron a malla.’

    Tiña tan só tres anos cando Muxicas se despedía dos escenarios. A día de hoxe, con 21 anos, tras saber de vós, coñecer toda a vosa discografía (ou boa parte) e boa parte da vosa historia, síntome privilexiado de que chegarades á miña vida. Tan só vos podo describir con palabras afectivas.

    Eternamente agradecido polo voso traballo e especialmente o de Xosé Manuel Fernández, traballador incansable, mestre de mestres e, por riba de todo, persoa excelente.

    Aproveito para participar no sorteo que tendes actualmente en activo. A ver se hai sorte 😀

    Unha aperta para todos vós!!

    • Quedo moi agradecido por tanto eloxio, tanto á miña persoa coma ó traballo de tódolos que aportaron parte da súa vida a sacar adiante un proxecto colectivo coma Muxicas.
      Facer grupo é o milagre. Os resultados son a consecuencia.
      Antes que vós connosco, disfrutamos e aprendemos nós con outros. Esa é a liña de continuidade na música de raíz tradicional. Se non perdemos a brúxula Galicia ten futuro.
      Moitas grazas, de novo.

      Xosé Manuel Fernández “Muxicas”

Ver respostas