Muxicas

BLOG

Pasodoble do ano

5 abril, 2019
Created by Muxicas

Cando fixemos este pasodobre dábanse varias circunstancias que desembocaron no nome do tema: Era Ano Santo (igual que cando publicamos o noso primeiro disco en 1982), e ademáis estaba en plena efervescencia a implantación en Galicia das percusións de plástico no ámbito das bandas de gaitas ó grito de «… as percusións galegas non valen […]

Ler articulo

DENTE

17 marzo, 2019
Created by Muxicas

Este valse, (porque é un valse), adicoullo o autor ó seu fillo co gallo da saída do primeiro dente. Tema composto para gaitas en Sol e Do, presenta unha estructura percusiva con acentos moi marcados polo desenrolo da liña melódica. Mesmo na segunda parte devanea xogando entre distintas bases rítmicas que levan o corpo e […]

Ler articulo

VALSE DA CORREA

28 febrero, 2019
Created by Muxicas

O sexto corte do noso sexto disco, editado no 96, «No colo do vento» é o valse da correa, que logo amañamos para os seis compañeiros que o tocabamos no ano 98. Como xa comentamos en moitas ocasións este valse foi adicado ó Luis Correa, o Caruncho, que amáis nos obsequiara coa correa que sustentaba […]

Ler articulo

RUMBA DOS CINCO MARIÑEIROS

17 febrero, 2019
Created by Muxicas

Esta rumba, na versión de Muxicas, ten todo o carácter que nós lle vemos o Son Caribeño que navega por baixo da superficie visible. Esta é a nosa imaxe de galeguización dun rítmo que, non sendo propio, nos apropiamos e convertimos en repertorio bailable común da Galicia de fináis do XIX. E por ir un […]

Ler articulo

BOLBORETA F.M.

11 febrero, 2019
Created by Muxicas

En 1990 publicamos o noso cuarto disco, «Desafinaturum». Nel apareceu este tema, metade valse metade pandeirada. Daquela, e aínda hoxe, pareceunos moi divertido transmutar un ritmo ternario en binario, con todo o que iso conleva: troco de base, axuste de fraseos e distinta expresividade dunha mesma liña melódica de partida. Non é a única vez […]

Ler articulo

Buscar
Calendario
abril 2019
L M X J V S D
« Mar    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930