Muxicas

AGAR

Do concerto de Muxicas do ano 1998 no Auditorio de As Pontes, extraemos este tema, tamén redcollido no noso setimo disco «Naturalmente»: Agar.

Unha muiñeira adicada os amores e os desamores que acontecían ó carón das festas e romerías que tanto abundan por Galicia.

É un tema que busca crear un certo desacougo rítmico, ó tempo de manter un pulso percusivo tenaz da man das cabazas apoiadas nunha sección percusiva máis coñecida na traxectoria de Muxicas.

En definitiva, unha muiñeira rara, rara.