Muxicas

Audios inéditos

 

INTEGRANTES DO GRUPO

Integrantes de Muxicas nas gravacións

– _________

– _________

 

INFORMACIÓN DOS AUDIOS

Ofrecémosvos aquí a información de cada un dos audios do noso arquivo inédito que conforman esta sección e que regularmente iremos ampliando con novas pezas segundo vaian dixitalizándose.

Parvus Valse - Versión extendida
-Autor: Xosé Manuel Fernández -Arranxos: Xosé Manuel Fernández –Intérpretes: Gaitas de Do: Xosé Manuel Fernández | Tamboril: Xosé Manuel Fernández | Bombo: Xosé Manuel Fernández – Notas:  Pequeno valse a tres voces, creado para escolas e grupos numerosos de gaitas e percusións galegas. Pódese tocar tamén con instrumentos de outras culturas: asturianos, escoceses e mesmo de ningunha cultura, bandas marcianas e outros híbridos con percusións de alta e media tensión. Esta versión inédita que agora ofrecemos aquí é a que se gravou orixinalmente para o disco «Desafinaturum» (1990). Logo, por problemas de espazo/tempo e distribución nas dúas caras do disco, tivemola que recurtar, deixándoa tal e como se publicou. O que fixemos foi cortar simplemente todo o fragmento do inicio, pero a versión real, tal e como se deseñou, é esta. 

Muxicas no ceo de Belén - Panxoliña
-Autor/a Música: Cancioneiro Casto Sampedro / María Xosé López -Autor Letras: Cancioneiro Casto Sampedro / Xurxo Cabaleiro / Xosé Manuel Fernández -Arranxos:  Xosé Manuel Fernández -Intérpretes:  Voz: María Xosé López | Gaita de Re: María Xosé López Xosé | Pito Galego 1 e 2:  Xosé Manuel Fernández | Tarrañolas: Xosé Manuel Fernández | Cunchas: Xosé Manuel Fernández | Bombo: Liño Figueroa | Pandeiretas: Xurxo Cabaleiro – Coros: Muxicas -Notas: Esta versión inédita é a 1ª da panxoliña «Muxicas no ceo de Belén». Foi gravada no Nadal do ano 1.989 pola formación da época do disco Desafinatúrum, no estudo de Richi en Marqués de Valadares – Vigo  
Título
-Autor: _____________ -Arranxos: _______ -Intérpretes: _____________| __________