Muxicas

Vigo nas sombras do tempo – 1995

 

INTEGRANTES DO GRUPO

Integrantes de Muxicas na gravación de Vigo nas sombras do tempo
Xosé Manuel Fernández · Liño Figueroa · María Xosé López · Manolo Vázquez «Rin Rin» · Xurxo Cabaleiro · Magoia Bodega · Emilio Pichel

 

 

INFORMACIÓN DOS AUDIOS

Poñemos aquí ao voso dispor algunhas das gravacións inéditas de Muxicas, pertencentes a un traballo do ano 1995 chamado “Vigo nas sombras do tempo”e baixo a dirección musical de Xosé Manuel Fernández. Un espectáculo creado para a súa presentación na Porta do Sol en Vigo, explicando a historia da cidade dende as súas orixes á actualidade. Muxicas deseñou, compuxo e arranxou os temas que servían como soporte musical á proxección, nos edificios da Porta do Sol, das imaxes que ilustraban o devir da historia da cidade.

Nunca chegou a callar este proxecto polo desinterese do Concello de Vigo. Quedaron estas gravacións da maqueta presentada xunto coa memoria do proxecto e agora, vinte anos despois, facémolas públicas.

O noso agradecemento a Santi, o produtor e a Arturo Sabugueiro, amigo e enxeñeiro de son, pola súa confianza.

Este era o Muxicas maís experimental…

Primixenia
Autor: Muxicas -Arranxos: Muxicas –Intérpretes: Seixos: Xosé Manuel Fernández e Liño Figueroa | Soalleiro de cunchas: Emilio Pichel | Cunchas: Manolo Vázquez «Rin Rin» | Buguinas: Xosé Manuel Fernández e Liño Figueroa | Tronco de carballo vaciado (tocado a catro mans): Xosé Manuel Fernández e Emilio Pichel | Cabazas: Xosé Manuel Fernández e Emilio Pichel | Corno: Xurxo Cabaleiro 

Fin
Autor: Xosé Manuel Fernández -Arranxos: Muxicas –Intérpretes: Requinta: Xosé Manuel Fernández |Zanfona: María Xosé López | Salterio de arco: María Xosé López | Ocarina: Magoia Bodega | Tamboril: Manolo Vázquez «Rin Rin» | Gaita de Sol: Xosé Manuel Fernández | Coro: Muxicas | Voz solista: María Xosé López