En 1987 cando os compañeiros de Muxicas estabamos a preparar o repertorio para un novo disco, o que será o terceiro: “O demo fungón”, decidimos incorporar un tema composto por Henrique Otero, mestre de María Xosé López, compañeira en Muxicas. Compositor do que aínda nunca incorporáramos ningún traballo á nosa discografía. Téndonos recibido amablemente na […]
Cando fixemos este pasodobre dábanse varias circunstancias que desembocaron no nome do tema: Era Ano Santo (igual que cando publicamos o noso primeiro disco en 1982), e ademáis estaba en plena efervescencia a implantación en Galicia das percusións de plástico no ámbito das bandas de gaitas ó grito de “… as percusións galegas non valen […]
Este valse, (porque é un valse), adicoullo o autor ó seu fillo co gallo da saída do primeiro dente. Tema composto para gaitas en Sol e Do, presenta unha estructura percusiva con acentos moi marcados polo desenrolo da liña melódica. Mesmo na segunda parte devanea xogando entre distintas bases rítmicas que levan o corpo e […]
O sexto corte do noso sexto disco, editado no 96, “No colo do vento” é o valse da correa, que logo amañamos para os seis compañeiros que o tocabamos no ano 98. Como xa comentamos en moitas ocasións este valse foi adicado ó Luis Correa, o Caruncho, que amáis nos obsequiara coa correa que sustentaba […]
Esta rumba, na versión de Muxicas, ten todo o carácter que nós lle vemos o Son Caribeño que navega por baixo da superficie visible. Esta é a nosa imaxe de galeguización dun rítmo que, non sendo propio, nos apropiamos e convertimos en repertorio bailable común da Galicia de fináis do XIX. E por ir un […]