Muxicas

DENTE

Este valse, (porque é un valse), adicoullo o autor ó seu fillo co gallo da saída do primeiro dente.

Tema composto para gaitas en Sol e Do, presenta unha estructura percusiva con acentos moi marcados polo desenrolo da liña melódica. Mesmo na segunda parte devanea xogando entre distintas bases rítmicas que levan o corpo e os pés cara ó balanceo.

Aparece recollido no sexto disco de Muxicas, “No colo do vento”, editado en 1996.