Muxicas

Pasodoble do ano

Cando fixemos este pasodobre dábanse varias circunstancias que desembocaron no nome do tema: Era Ano Santo (igual que cando publicamos o noso primeiro disco en 1982), e ademáis estaba en plena efervescencia a implantación en Galicia das percusións de plástico no ámbito das bandas de gaitas ó grito de “… as percusións galegas non valen para as bandas …” tal e como declarou moi desafortunadamente o mestre Antón Corral.
De ahí que houbese quen subtitulou este pasodobre como “Metede a percusión no cú”. O cal nos pareceu un tanto, digamos que grosero. Pero, ó cabo, ¿quén somos nós para cuestionar á voz dun pobo?.
Para nós era algo evidente que a percusión galega era ampla, diversa e válida para todos os ámbitos, só que había que ter ideas pra traballala. Tal e como demostramos ó longo da nosa historia.
Neste tempo, no que está tan presente o debate da apropiación cultural, e bo deixar constancia de que en Galicia levamos dende o século pasado loitando contra a suplantación cultural. E a loita continúa.
Contámolo como nolo contaron.