Muxicas

RUMBA DOS CINCO MARIÑEIROS

Esta rumba, na versión de Muxicas, ten todo o carácter que nós lle vemos o Son Caribeño que navega por baixo da superficie visible.

Esta é a nosa imaxe de galeguización dun rítmo que, non sendo propio, nos apropiamos e convertimos en repertorio bailable común da Galicia de fináis do XIX.

E por ir un pasiño máis alá pasamos do duo de gaitas á combinación, menos tradicional pero (evidentemente) factible, de gaita e zanfona. Un poderío harmónico dunha fondura palpable. Un recurso aínda moi pouco traballado pero cun enorme potencial. Xa o fixéramos no ano 1996 co “Vals romántico” no noso “Dobre álbum” e o seguimos a repetir ó longo da nosa traxectoria.

A “Rumba dos cinco mariñeiros” recollémola do repertorio do grupo “Airiños do Parque”, grupo vigués que nos precedeu históricamente baixo a dirección de Juan González.