En 1990 publicamos o noso cuarto disco, “Desafinaturum”. Nel apareceu este tema, metade valse metade pandeirada. Daquela, e aínda hoxe, pareceunos moi divertido transmutar un ritmo ternario en binario, con todo o que iso conleva: troco de base, axuste de fraseos e distinta expresividade dunha mesma liña melódica de partida. Non é a única vez […]