Muxicas

VALSE DA CORREA

O sexto corte do noso sexto disco, editado no 96, “No colo do vento” é o valse da correa, que logo amañamos para os seis compañeiros que o tocabamos no ano 98.

Como xa comentamos en moitas ocasións este valse foi adicado ó Luis Correa, o Caruncho, que amáis nos obsequiara coa correa que sustentaba a zanfona. Gran músico e mellor amigo.

É unha peza para zanfona, acordeón e percusións tradicionáis galegas. Ou para orquestra sinfónica vienesa. Para o que cada quen queira. Como todos os nosos temas. Cada intérprete debe dar a súa visión do tema. Débeo “interpretar”. Para tocalo coma nós, xa estabamos nós ;).

Da gravación deste tema hai moitas anécdotas pero coma hoxe vai de cando o tocamos na “Feira do grelo” das Pontes, pois as anécdotas quedarán para outro día. Se as queredes, claro.

Saúde. E que cante o merlo.